20/4/13





Un sainete de Fidalgo Villaveirán (2013): Libro que contén varias obras del autor Fidalgo Villaveirán, cuha introdución e edición de Xoán Babarro.

27/1/13




A Veiga de Ribadeo de Mediante (2013): Pequeno librín referido al centenario de Mediante (1913-2013) da autoría de Xoán Babarro, que recolle varias poesías súas e doutros poetas.




Homenaxe aos nosos costumistas (2012): Libro da autoría de Xoán Babarro que ten uha recolleita literaria de varios escritores da comarca del Eo-Navia.

10/5/11



Cadernos da Lingua Anexo 8 (2011), editado pola Real Academia Galega, unde o profesor da Universidade de Vigo Xosé Henrique Costas González fai uha descrición de "A lingua galega no Eo-Navia, Bierzo Occidental, As Portelas, Calabor e o Val do Ellas: Historia, breve caracterización e situación lingüística actual".

5/5/11


Revista Galega de Educación nº 42 (2008), editada por Nova Escola Galega, que ten un artigo de Trinidad Suárez Rico, sobre "unha experiencia de creación e achegamento de servizos en áreas rurais de Asturias: O programa Rompendo Distancias de Taramundi, Santiso de Abres e parroquias altas de Castropol".

28/12/10

A princesa de Taramundi (2010), de Xoán Babarro González, Premio Arume da Fundación Xosé Neira Vilas, de Edicións Embora, é uha obra poética mui orixinal que se achega á natureza e al medio xeográfico, servíndose de muitas aportaciois léxicas del Eo-Navia pra conseguir uha magnífica construción poética dedicada aos nenos.

18/11/10

A xente que soña desperta: recolla de achegas á lingua e literatura galegas de Asturias (2010), escolma de once libros editados en CD pola Universidade de Vigo, unde se recollen as seguintes obras: Évos un ameicer guapo de Xoán Babarro, A herdade que nós temos de Suso Fernández Acevedo, Literatura dramática e teatro en galego do Eo-Navia de Rita Bugallo González, Textos teatrais en galego do Eo-Navia de Rita Bugallo González, Informe Lingüístico sobre A Nosa Terra Eo-Navia da Asociación Abertal en galego, galego de Asturias,asturiano, catalán e español, Repertorio toponímico e xentilícico da terra Eo-Navia de Carlos Xesús Varela Aenlle e Orientaciois prá escrita da nosa lingua da Asociación Abertal.

6/9/10


Cultura tradicional e desenvolvemento rural (2006), libro editado pola Xunta de Galicia e a Universidade de Vigo, que recolle un artigo "O sobrevivir no rural. A experiencia en San Tirso de Abres" de Loli Gutiérrez, unde se expón el conxunto de actividades veciñais levadas a cabo pola asociación "San Tirso del Eo" de Santiso de Abres, coel sou apoio á Candidatura de Patrimonio Inmaterial Galego-portugués e a promoción de diversas xornadas culturais e festivas.

17/7/10


Programa das festas patronais da Veiga (2010), que contén uha poesía de Antolín Santos Mediante recollida no libro de Xoán Babarro sobre a obra deste autor e un relato en galego de Asturias de Santi Somoza titulado "Dous homes e un destino".

Literatura dramática e teatro en galego do Eo-Navia (2009), de Rita Bugallo González, publicado pola Universidade de Vigo, trátase dun excepcional traballo sobre el teatro del Eo-Navia, con textos dramáticos inéditos e a reprodución de varios fragmentos de obras.

16/5/10



Revista Raigame nº 32 (2010), editada pola Deputación de Ourense, que contén un artigo titulado "Os cabazos de madeira no Eo-Navia", de Carlos Xesús Varela Aenlle, unde se describen os últimos exemplares existentes no Eo-Navia desta subtipoloxía de cabazos.

20/2/10


Ferreiro, técnica, cultura. O traballo tradicional do ferro en Riotorto, A Pontenova e Taramundi (2003). Excepcional traballo de Miguel Anxo Abraira Pérez sobre os ferreiros de Taramundi, Riotorto e A Pontenova, unde describe a paisaxe, as xentes, a cultura local, a forxa, as ferramentas, as técnicas, as feiras, etc. destos tres concellos. El libro foi el VII Premio de Investigación 2002 Xesús Ferro Couselo del concello de Valga.

30/1/10

Cadernos de Lingua 30/31 (2009), da Real Academia Galega, unde temos un artigo de Xosé Henrique Costas González da Universidade de Vigo, titulado "A deturpación da toponimia galega do Eo-Navia". El autor analiza os procesos toponímicos aculturizadores que se vein manifestando en áreas académicas asturianas, instituciois e medios e a falta de resposta en muitas ocasiois por parte dos organismos e medios galegos pra respetar esa toponimia.

Cabazos e hórreos nos concellos de Castropol e Ribadeo (2006), pequeno libro da autoría de Javier Fernández-Catuxo, unde fai uha análise completa dos hórreos existentes nestos dous concellos. Baseado nun proxecto de investigación da Iniciativa Comunitaria LEADER +, describe as tipoloxías, datas de construción, tamaños ou xeometrías, ornamentación, distribución, ubicación e un importante aspecto pouco tratado noutros estudios como a súa orientación.

Entre Galicia e Asturias. Antropoloxía da identidade e da alteridade (1998), de Xerardo Pereiro Pérez. Trátase dun estudio fruito dun traballo de campo coel obxectivo de investigar a identidade nunha área culturalmente galega como é el concello de Boal. El problema de fondo, describe el autor, é a non coincidencia das fronteiras administrativas coas prácticas culturais e lingüísticas.

Programa das festas patronais da Veiga (2004), inclúe uha poesía de Santiago Somoza en varias páxinas titulada "El Liceo Novo", adicada aos fillos dos que foron, que elos tán sendo agora. El autor vai facendo uha descrición da historia del Liceo da Veiga, das distintas vivencias que se tiveron nesta institución veiguesa por parte dos alumnos e profesores.

Programa de festas del concello da Veiga (2001), unde aparece un artigo extenso de Santiago Somoza titulado "A Veiga Conection II" e subtitulado "Un caso de fiollo".

20/2/09

Poesía completa de Antolín Santos Mediante Ferraría (2009), libro editado pola Fundación Pedro Barrrié de la Maza da Coruña coa colaboración del Instituto da Lingua Galega, unde el autor, Xoán Babarro, fai uha introdución breve sobre a vida deste autor pra despois recopilar toda a súa obra poética, recollida de orixinais, publicaciois en xornais da época, etc., dun poeta como Antolín Santos Mediante que aínda é recordado polos sous antigos alumnos por terras de Taramundi, Piantón e Riotorto.

21/11/08


A herdade que nós temos. Historia da prosa en galego do Eo-Navia (2008), de Suso Fernández Acevedo, publicado pola Universidade de Vigo, trátase dun excelente estudio sobre a prosa da comarca del Eo-Navia desde a época medieval asta os nosos días, desde as diferentes tendencias e temáticas. Un libro, sen dulda fundamental para conocer este xénero literario, mui ben estruturado e sintetizado polo sou autor.

Longalingua nº 11 (2007). Revista da Mesa pola Normalización Lingüística, cuha análise sobre a situación del galego no Eo-Navia, O Bierzo, As Portelas e O Val do Ellas, da autoría de Xosé Henrique Costas González da Universidade de Vigo, unde fai uha exposición da distinta situación da lingua galega nestos territorios e el incumprimento da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias.


Pontenova nº 4 (1999). Revista da Deputación de Pontevedra que ten un artigo de carácter etnográfico sobre "A cultura da auga nas Campas-Castropol (Asturias)" de Marián Presno García, unde se centra na importancia da auga na comunidade rural e nos molíos desta parroquia castropolesa cuha relación exhaustiva acompañada dun importante número de fotografías destas construciois populares.

10/7/08




Ástura nº 7 (1989). Revista que recolle un notable artigo de carácter etnográfico de Xosé Antonio Ron Tejedo sobre "A mazcarada de reises no concello de Ibias" escrito en galego de Asturias.

8/2/08



Évos un amaicer guapo 2ª edición (2007). Segunda edición del libro anterior, aumentada en páxinas e autores de xeito considerable, el que lle proporciona uha maior calidade na visión de toda a poética da comarca del Eo-Navia.
Évos un ameicer guapo 1ª edición (2007). Esta antoloxía ofrécenos uha visión da poesía
elaborada no Eo-Navia desde a Idade Media asta os nosos días. Destaca a época del Rexurdimento (García González, Villar Loza, Cotarelo, Mediante Ferraría...), a Xeración de 1936 (Amador Fernández Mejeras, "Ovidio de Queipo" e Fidalgo Villaveirán) e el momento actual, ligado al cultivo doutros xéneros e á reivindicación da lingua. No conxunto, encontramos autores illacionistas fieis al sistema lingüístico local e outros que adoptan a ortografía e as formas maioritarias del galego.

25/9/07

Informe Lingüístico sobre a Nosa Terra Eo-Navia (2007), editado pola Asociación Cultural Abertal, vén desmentir as adscriciois e teorías mantidas pola Academia da Lingua Asturiana e organizaciois satélites sobre a non consideración de galego prós falares da comarca asturiana del Eo-Navia. Un estudio documentado que comenza cuha introdución sobre as linguas na península Ibérica; coa exposición das opiniois de especialistas e lingüistas sobre a tipoloxía galega das falas del Eo-Navia; a negación e manipulación del nome da lingua en Asturias; e uha breve descrición das singularidades e xeografía destas falas galegas de Asturias. Abertal emprega a dialectometría científica para medir a distancia estrutural entre estas falas, el galego e el asturiano. El resultado é evidente: as falas eonaviegas coinciden coel galego nun 86% dos fenómenos fonético-fonolóxicos e morfolóxicos e coel asturiano solo nun 12%. El Informe está editado en varias linguas.


Un lustro de relatos cortos (2007), editado pola Asociación El Carpio de Grandas de Salime, é uha selección de relatos unde existe un escrito en galego de Asturias por Cristóbal Ruitiña Testa de Penafonte, titulado "As truitas".

II Congreso Europeo del Hórreo en la arquitectura rural (2007). Actas del Congreso Europeo sobre el horro celebrado en Santiso de Abres e coordinado polo Profesor José Manuel Gómez-Tabanera. Neste documentado traballo recóllese un artigo en galego de Asturias de Carlos Xesús Varela Aenlle e Francisco Xosé Fernández Riestra sobre a clasificación da arquitectura popular da comarca del Eo-Navia.

Na boca de todos (2006). Antoloxía poética del Eo-Navia, coordinada pola escritora santiseira Aurora Rivas, unde se inclúen dende autores eonaviegos a asturianos occidentais e promovida pola Concellería de Cultura del Concello da Veiga. Nesta antoloxía pódense atopar interesantes poemas de Crisanto Veiguela Martins, Victoria Veiguela, Xavier Frías Conde, etc.

Premio Antonio Raymundo Ibáñez, Marqués de Sargadelos. Colección de varios libros e ediciois feita pola Asociación de Amigos del Museo Casa Natal del Marqués de Sargadelos de Santalla de Ozcos. Nestos libros recóllense relatos literarios, cántigas, contos, etc., respectando en todo el momento a normativa del autor, polo que ten relatos en galego de Asturias e galego estándar, ademais de en español.


Fiestas del Carmen de Seares (2005). Libro de festas da parroquia castropolesa de Seares, unde se recolle un artigo de Carlos Xesús Varela Aenlle sobre a rica variedade de cabazos existentes en Seares, caso único na comarca del Eo-Navia.



En torno al Bimilenario del Eo (2002). Obra coordinada polo Profesor José Manuel Gómez-Tabanera, que recolle un capítulo de Francisco Fernández Rei sobre as características da lingua galega de Asturias.
Galego de Asturias. Delimitación, caracterización e situación sociolingüística (2003). Excepcional obra resultado da tese de doutoramento que el autor Xoán Babarro Fernández presentara en 1994 na Universidade de Santiago de Compostela e editada en dous volumes. A obra recolle por primeira vez el estudio global de todos os falares del Eo-Navia. Delimítase primeiramente a fronteira entre el galego e el asturiano pra establecer máis tarde, despois da descrición de diferentes fenómenos lingüísticos, distintas áreas dialectais en relación coel galego estándar. Outros aspectos desenvólvense nas áreas da sociolingüística e da recollida de textos de carácter etnográfico e literario.



A herdanza da lingua (2004), é uha obra sobre os discursos feitos polos correspondentes da Real Academia Galega no Eo-Navia, O Bierzo, As Portelas e As Ellas. El discurso eonaviego foi feito por Carlos Xesús Varela Aenlle e é un pequeno relato autobiográfico da estancia vivida por esas terras del autor visto desde a señardade, chamado "A inocencia da lingua".



Cousas de bruxas (2003), de Xavier Frías Conde, narra os relatos da bruxa Polvoranca e a pulga Mel Mole que quer ser debuxante. Obra pra nenos con ilustraciois de María Fernández Rodríguez.


Píllaras, Canciois del Navia (2003), de Xoán Babarro González, pequena obra infantil con ilustraciois de María Fernández Rodríguez. Entre erbedeiros floridos e mil toxais encantados na nosa falía antiga baxa el Navia coel sou canto.


A literatura eonaviega contemporánea (Notas sobre literatura galega de Asturias), (2003), de Xavier Frías Conde. Uha visión de toda a literatura del Eo-Navia en galego de Asturias e un minucioso traballo sobre todas as tendencias e normativas dos autores contemporáneos. Un libro preciso pra conocer a literatura eonaviega, mui ben clasificado por parte del autor e editado pola MDGA.


Contos e cantigas eonaviegos (2000). Recopilación de contos e cantigas populares del Eo-Navia en galego de Asturias por parte del autor Xavier Frías Conde, buscando a recolleita da tradición oral da comarca.


Terra á vista. El burato de Andrés, el cempés (2002), de Xavier Frías Conde, uha serie de relatos pra nenos con carácter teatral.


Catasol (2002), de Xoán Babarro González, obra sobre un vocabulario básico da comarca del Eo-Navia e a presentación duha relación de textos tradicionais en verso, dirixido especialmente pra nenos.

24/9/07


O galego exterior ás fronteiras administrativas (1999), de Francisco Xavier Frías Conde. El libro parte da tese de doutoramento deste autor realizada en 1995 na Universidade Complutense de Madrid. Trata todo el galego estremeiro: Eo-Navia, O Bierzo, As Portelas e As Ellas, dende os niveis fónico e morfolóxico e cuha relación de estudios dialectais destas áreas.


El serzo no louxado (1995), de Xosé Carlos Álvarez Blanco, da colección Carballo Novo, da MDGA. Uha das mellores obras escritas en galego de Asturias, de lectura obrigatoria en varias universidades, recolle paisaxe e nostalxia pola propia terra dende as vivencias del autor cun impecable vocabulario. El libro ademais acompañanlo numerosas ilustraciois debuxadas por "Nina".


Debaxo de nabis, sapis (2002), del autor Quique Roxíos, dentro da colección pra nenos Castelo das Letras da MDGA. Uha obra que é uha serie de contos, unde están presentes a curuxa, el maiorazo, el toupo, el maceiro, el rinchín, el espantullos, a bruxa de Sampol...



A odisea de Pere Xil (2002), de Xavier Frías Conde, dentro da colección pra nenos Castelo das Letras, editada pola MDGA. É a historia dun trasno falcatrueiro e burlón.



Contos de Grimm (2000), tradución de Xavier Frías Conde, prá colección de nenos Castelo das Letras da MDGA. Entre elos están "Brancas-Neves", "As fiandeiras", "Hamsel e Gretel", "Hans o da sorte", "A mesa, o burro e o pau marabilloso" e "O xastrín valiente".


Contos a tardiquía (2000), de Adela Conde Valledor. Excelente obra, mui mimada, cuha serie de contos feitos pola escritora allandesa, dentro da colección Castelo das Letras, editada pola MDGA. Os contos falan de vales, montañas, coruxas, lobos e mil camíos...



Contos populares da terra Eo-Navia (1992), da serie pra nenos Castelo das Letras da MDGA. Trátase duha relación de contos populares da comarca del Eo-Navia.


El xabaril que quería engalar e outros relatos (1991). Colección de relatos del autor Xavier Frías Conde, dentro da serie pra nenos Castelo das Letras, editada pola MDGA. Trata dos relatos dun xabaril que quería engalar pitos.

21 poemas (2002), de Antolín Santos Mediante Ferraría. Libro editado polo concello de Taramundi e a Asociación Cultural Os Castros, con presentación del alcalde Eduardo Lastra Pérez e dirixido por Xoán Babarro González, é uha antoloxía poética deste autor eonaviego, con poesías tan notables como "O gaiteiro de Vilarede". Un traballo preciso pra conocer a obra literaria dun dos escritores eonaviegos máis comprometidos coel sentir del sou poblo.


O hórreo de tipo asturiano na montaña oriental de Galiza (2001), editado pola MDGA e da autoría de Carlos Xesús Varela Aenlle, trátase dun estudio sobre a situación del hórreo de tipo asturiano no leste lugués en comparación coas connotaciois e semellanzas culturais coa comarca del Eo-Navia.

Toponimia del Eo-Navia (2000), de Carlos Xesús Varela Aenlle, editada pola MDGA, recolle boa parte da toponimia tradicional maior da comarca del Eo-Navia, comparando a forma castelá coa forma tradicional galega de Asturias, cuha pequena introdución sobre a situación toponímica eonaviega na actualidade e uha serie de apreciaciois sobre diversas formas nos dezaoito concellos eonaviegos asturianos.