25/9/07

Galego de Asturias. Delimitación, caracterización e situación sociolingüística (2003). Excepcional obra resultado da tese de doutoramento que el autor Xoán Babarro Fernández presentara en 1994 na Universidade de Santiago de Compostela e editada en dous volumes. A obra recolle por primeira vez el estudio global de todos os falares del Eo-Navia. Delimítase primeiramente a fronteira entre el galego e el asturiano pra establecer máis tarde, despois da descrición de diferentes fenómenos lingüísticos, distintas áreas dialectais en relación coel galego estándar. Outros aspectos desenvólvense nas áreas da sociolingüística e da recollida de textos de carácter etnográfico e literario.