25/9/07

Informe Lingüístico sobre a Nosa Terra Eo-Navia (2007), editado pola Asociación Cultural Abertal, vén desmentir as adscriciois e teorías mantidas pola Academia da Lingua Asturiana e organizaciois satélites sobre a non consideración de galego prós falares da comarca asturiana del Eo-Navia. Un estudio documentado que comenza cuha introdución sobre as linguas na península Ibérica; coa exposición das opiniois de especialistas e lingüistas sobre a tipoloxía galega das falas del Eo-Navia; a negación e manipulación del nome da lingua en Asturias; e uha breve descrición das singularidades e xeografía destas falas galegas de Asturias. Abertal emprega a dialectometría científica para medir a distancia estrutural entre estas falas, el galego e el asturiano. El resultado é evidente: as falas eonaviegas coinciden coel galego nun 86% dos fenómenos fonético-fonolóxicos e morfolóxicos e coel asturiano solo nun 12%. El Informe está editado en varias linguas.