Guía bibliográfica del gallego asturiano y la tierra Navia-Eo (1999), editada pola Consellería de Cultura del Principado de Asturias e da autoría de Ramiro Xavier Barcia López, é un libro que recolle todas as publicaciois del Eo-Navia en distintos idiomas e normativas, preciso sen dulda pra poder afondar en todo el que se publicou na comarca del Eo-Navia dende hai tempo e uha guía dividida nuha clasificación alfabética, temática e de colecciois de libros e revistas.
23/9/07
A lingua do alumnado e profesorado nas franxas occidentais de Asturias, León e Zamora (1992), editado polo Consello da Cultura Galega e da autoría de Xosé Rubal Rodríguez, Daniel Veiga Martínez e Neves Arza Arza, é un estudio sociolingúístico sobre a situación da lingua galega de Asturias, León e Zamora, entre el alumnado e el profesorado nestas franxas, chegando á conclusión que na década dos noventa del século XX uha boa parte da población del Eo-Navia aínda empregaba muito a lingua galega, especialmente no ámbito familiar.
Lingua e cultura galega de Asturias (1994). Libro que estudia a desigualdade xurídica del galego de Asturias con respecto al galego de Galiza e a complexa realidade lingüística e sociocultural del Eo-Navia, delimitando claramente os lindeiros entre galego e asturiano, facendo un balance da reivindicación del uso del galego na comarca e presentando uha proposta de normalización lingüística prós dezaoito concellos de fala galega de Asturias. Analízanse aspectos históricos del Eo-Navia, mitolóxicos e a valoración da importante contribución de autores eonaviegos á cultura galega como Fermín Penzol ou Dámaso Alonso.
Normas ortográficas e morfolóxicas del galego de Asturias (1990). As únicas normas existentes sobre el galego de Asturias, realizadas por un grupo de expertos e editadas pola MDGA, baseadas nuha normativa galega subestándar. A caracterización dos falares del Eo-Navia dende un punto de vista ortográfico e morfolóxico coas súas propias variantes.

A Declaración Universal de Dereitos Lingüísticos, editada pola MDGA, foi aprobada en Barcelona na Conferencia Mundial de Dereitos Lingüísticos, celebrada del 6 al 9 de xunio de 1996 por iniciativa del Comité de Traduciois e Dereitos Lingüísticos del PEN Club Internacional e el CIEMEN (Centre Internacional Escarré per les Minories Etniques i les Nacions), contando coel apoio da UNESCO, de varios Premios Nobel, autoridades e científicos.
Os contos do xílgaro (1992), é uha antoloxía de relatos que deu a conocer escritores en galego de Asturias, ademais doutras áreas galegofalantes como O Bierzo e As Portelas. Entre os escritores del Eo-Navia que escribiron neste libro editado por Diario 16 de Galicia e coordinado por Xoán Babarro Fernández, están Xesús Álvarez Valdés, María Luz Fernández González, Xosé Máximo Fernández López, Manuel García Sánchez, Cándido Sanjurjo Fernández e Francisco Xavier Frías Conde.21/9/07
Britonia nº 2, segundo número da revista científica del Eo-Navia (1995-96), que ten estudios sobre a colección diplomática del mosteiro de Vilanova de Ozcos de Floriano Llorente, elementos del Camín de Santiago por Grandas de Salime de Rubén Montes López, Susana Hevia González e outros; un estudio antropolóxico sobre Boal de Xerardo Pereiro Pérez, uha lei no Eo-Navia, Arán e a Franxa de Aragón de J. R. Fuentes e A. Quintana e outro sobre el infinitivo conxugado nos documentos del mosteiro de Vilanova de Ozcos de Luis Casteleiro Oliveros.
Britonia nº 1, a revista de carácter científico del Eo-Navia, editada pola Mesa prá Defensa del Galego de Asturias (MDGA). Este primeiro número (1994) consta dos seguintes estudios: de Xoán Babarro sobre el poeta eonaviego Antolín Santos Mediante, el "el" neutro de Antón Meilán, a influencia galaica no Eo-Navia de Rosa María Cid, a cultura castrexa de Elías Carrocera, as características del galego de Asturias de Francisco Fernández Rei, e outros de Antón Santamarina, Carlos Xesús Varela Aenlle, Manuel González González, Antón Meilán e Xosé Rubal Rodríguez.4/9/07
A Freita, a única revista publicada en galego de Asturias, dende 1992 asta el ano 2000 pola Mesa prá Defensa del Galego de Asturias (MDGA), consta duha colección de dezaseis números (del 0 al 15), unde se recolle toda uha serie de artigos del máis variado: sociopolíticos, de crítica, literarios, etnográficos, lingüísticos, toponímicos, etc. En 1995 acolle el suplemente literario O Espello dirixido por Xavier Frías Conde. Uha colección indispensable pra poder conocer as características culturais da comarca del Eo-Navia.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


