20/02/09

Poesía completa de Antolín Santos Mediante Ferraría (2009), libro editado pola Fundación Pedro Barrrié de la Maza da Coruña coa colaboración del Instituto da Lingua Galega, unde el autor, Xoán Babarro, fai uha introdución breve sobre a vida deste autor pra despois recopilar toda a súa obra poética, recollida de orixinais, publicaciois en xornais da época, etc., dun poeta como Antolín Santos Mediante que aínda é recordado polos sous antigos alumnos por terras de Taramundi, Piantón e Riotorto.

21/11/08


A herdade que nós temos. Historia da prosa en galego do Eo-Navia (2008), de Suso Fernández Acevedo, publicado pola Universidade de Vigo, trátase dun excelente estudio sobre a prosa da comarca del Eo-Navia desde a época medieval asta os nosos días, desde as diferentes tendencias e temáticas. Un libro, sen dulda fundamental para conocer este xénero literario, mui ben estruturado e sintetizado polo sou autor.

Longalingua nº 11 (2007). Revista da Mesa pola Normalización Lingüística, cuha análise sobre a situación del galego no Eo-Navia, O Bierzo, As Portelas e O Val do Ellas, da autoría de Xosé Henrique Costas González da Universidade de Vigo, unde fai uha exposición da distinta situación da lingua galega nestos territorios e el incumprimento da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias.


Pontenova nº 4 (1999). Revista da Deputación de Pontevedra que ten un artigo de carácter etnográfico sobre "A cultura da auga nas Campas-Castropol (Asturias)" de Marián Presno García, unde se centra na importancia da auga na comunidade rural e nos molíos desta parroquia castropolesa cuha relación exhaustiva acompañada dun importante número de fotografías destas construciois populares.

10/07/08




Ástura nº 7 (1989). Revista que recolle un notable artigo de carácter etnográfico de Xosé Antonio Ron Tejedo sobre "A mazcarada de reises no concello de Ibias" escrito en galego de Asturias.

08/02/08



Évos un amaicer guapo 2ª edición (2007). Segunda edición del libro anterior, aumentada en páxinas e autores de xeito considerable, el que lle proporciona uha maior calidade na visión de toda a poética da comarca del Eo-Navia.
Évos un ameicer guapo 1ª edición (2007). Esta antoloxía ofrécenos uha visión da poesía
elaborada no Eo-Navia desde a Idade Media asta os nosos días. Destaca a época del Rexurdimento (García González, Villar Loza, Cotarelo, Mediante Ferraría...), a Xeración de 1936 (Amador Fernández Mejeras, "Ovidio de Queipo" e Fidalgo Villaveirán) e el momento actual, ligado al cultivo doutros xéneros e á reivindicación da lingua. No conxunto, encontramos autores illacionistas fieis al sistema lingüístico local e outros que adoptan a ortografía e as formas maioritarias del galego.

25/09/07

Informe Lingüístico sobre a Nosa Terra Eo-Navia (2007), editado pola Asociación Cultural Abertal, vén desmentir as adscriciois e teorías mantidas pola Academia da Lingua Asturiana e organizaciois satélites sobre a non consideración de galego prós falares da comarca asturiana del Eo-Navia. Un estudio documentado que comenza cuha introdución sobre as linguas na península Ibérica; coa exposición das opiniois de especialistas e lingüistas sobre a tipoloxía galega das falas del Eo-Navia; a negación e manipulación del nome da lingua en Asturias; e uha breve descrición das singularidades e xeografía destas falas galegas de Asturias. Abertal emprega a dialectometría científica para medir a distancia estrutural entre estas falas, el galego e el asturiano. El resultado é evidente: as falas eonaviegas coinciden coel galego nun 86% dos fenómenos fonético-fonolóxicos e morfolóxicos e coel asturiano solo nun 12%. El Informe está editado en varias linguas.


Un lustro de relatos cortos (2007), editado pola Asociación El Carpio de Grandas de Salime, é uha selección de relatos unde existe un escrito en galego de Asturias por Cristóbal Ruitiña Testa de Penafonte, titulado "As truitas".

II Congreso Europeo del Hórreo en la arquitectura rural (2007). Actas del Congreso Europeo sobre el horro celebrado en Santiso de Abres e coordinado polo Profesor José Manuel Gómez-Tabanera. Neste documentado traballo recóllese un artigo en galego de Asturias de Carlos Xesús Varela Aenlle e Francisco Xosé Fernández Riestra sobre a clasificación da arquitectura popular da comarca del Eo-Navia.

Na boca de todos (2006). Antoloxía poética del Eo-Navia, coordinada pola escritora santiseira Aurora Rivas, unde se inclúen dende autores eonaviegos a asturianos occidentais e promovida pola Concellería de Cultura del Concello da Veiga. Nesta antoloxía pódense atopar interesantes poemas de Crisanto Veiguela Martins, Victoria Veiguela, Xavier Frías Conde, etc.

Premio Antonio Raymundo Ibáñez, Marqués de Sargadelos. Colección de varios libros e ediciois feita pola Asociación de Amigos del Museo Casa Natal del Marqués de Sargadelos de Santalla de Ozcos. Nestos libros recóllense relatos literarios, cántigas, contos, etc., respectando en todo el momento a normativa del autor, polo que ten relatos en galego eonaviego e galego estándar, ademais de en español.


Fiestas del Carmen de Seares (2005). Libro de festas da parroquia castropolesa de Seares, unde se recolle un artigo de Carlos Xesús Varela Aenlle sobre a rica variedade de cabazos existentes en Seares, caso único na comarca del Eo-Navia.



En torno al Bimilenario del Eo (2002). Obra coordinada polo Profesor José Manuel Gómez-Tabanera, que recolle un capítulo de Francisco Fernández Rei sobre as características da lingua galega de Asturias.
Galego de Asturias. Delimitación, caracterización e situación sociolingüística (2003). Excepcional obra resultado da tese de doutoramento que el autor Xoán Babarro Fernández presentara en 1994 na Universidade de Santiago de Compostela e editada en dous volumes. A obra recolle por primeira vez el estudio global de todos os falares del Eo-Navia. Delimítase primeiramente a fronteira entre el galego e el asturiano pra establecer máis tarde, despois da descrición de diferentes fenómenos lingüísticos, distintas áreas dialectais en relación coel galego estándar. Outros aspectos desenvólvense nas áreas da sociolingüística e da recollida de textos de carácter etnográfico e literario.



A herdanza da lingua (2004), é uha obra sobre os discursos feitos polos correspondentes da Real Academia Galega no Eo-Navia, O Bierzo, As Portelas e As Ellas. El discurso eonaviego foi feito por Carlos Xesús Varela Aenlle e é un pequeno relato autobiográfico da estancia vivida por esas terras del autor visto desde a señardade, chamado "A inocencia da lingua".



Cousas de bruxas (2003), de Xavier Frías Conde, narra os relatos da bruxa Polvoranca e a pulga Mel Mole que quer ser debuxante. Obra pra nenos con ilustraciois de María Fernández Rodríguez.


Píllaras, Canciois del Navia (2003), de Xoán Babarro González, pequena obra infantil con ilustraciois de María Fernández Rodríguez. Entre erbedeiros floridos e mil toxais encantados na nosa falía antiga baxa el Navia coel sou canto.


A literatura eonaviega contemporánea (Notas sobre literatura galega de Asturias), (2003), de Xavier Frías Conde. Uha visión de toda a literatura del Eo-Navia en galego de Asturias e un minucioso traballo sobre todas as tendencias e normativas dos autores contemporáneos. Un libro preciso pra conocer a literatura eonaviega, mui ben clasificado por parte del autor e editado pola MDGA.


Contos e cantigas eonaviegos (2000). Recopilación de contos e cantigas populares del Eo-Navia en galego de Asturias por parte del autor Xavier Frías Conde, buscando a recolleita da tradición oral da comarca.


Terra á vista. El burato de Andrés, el cempés (2002), de Xavier Frías Conde, uha serie de relatos pra nenos con carácter teatral.


Catasol (2002), de Xoán Babarro González, obra sobre un vocabulario básico da comarca del Eo-Navia e a presentación duha relación de textos tradicionais en verso, dirixido especialmente pra nenos.

24/09/07


O galego exterior ás fronteiras administrativas (1999), de Francisco Xavier Frías Conde. El libro parte da tese de doutoramento deste autor realizada en 1995 na Universidade Complutense de Madrid. Trata todo el galego estremeiro: Eo-Navia, O Bierzo, As Portelas e As Ellas, dende os niveis fónico e morfolóxico e cuha relación de estudios dialectais destas áreas.


El serzo no louxado (1995), de Xosé Carlos Álvarez Blanco, da colección Carballo Novo, da MDGA. Uha das mellores obras escritas en galego de Asturias, de lectura obrigatoria en varias universidades, recolle paisaxe e nostalxia pola propia terra dende as vivencias del autor cun impecable vocabulario. El libro ademais acompañanlo numerosas ilustraciois debuxadas por "Nina".


Debaxo de nabis, sapis (2002), del autor Quique Roxíos, dentro da colección pra nenos Castelo das Letras da MDGA. Uha obra que é uha serie de contos, unde están presentes a curuxa, el maiorazo, el toupo, el maceiro, el rinchín, el espantullos, a bruxa de Sampol...



A odisea de Pere Xil (2002), de Xavier Frías Conde, dentro da colección pra nenos Castelo das Letras, editada pola MDGA. É a historia dun trasno falcatrueiro e burlón.



Contos de Grimm (2000), tradución de Xavier Frías Conde, prá colección de nenos Castelo das Letras da MDGA. Entre elos están "Brancas-Neves", "As fiandeiras", "Hamsel e Gretel", "Hans o da sorte", "A mesa, o burro e o pau marabilloso" e "O xastrín valiente".


Contos a tardiquía (2000), de Adela Conde Valledor. Excelente obra, mui mimada, cuha serie de contos feitos pola escritora allandesa, dentro da colección Castelo das Letras, editada pola MDGA. Os contos falan de vales, montañas, coruxas, lobos e mil camíos...



Contos populares da terra Eo-Navia (1992), da serie pra nenos Castelo das Letras da MDGA. Trátase duha relación de contos populares da comarca del Eo-Navia.


El xabaril que quería engalar e outros relatos (1991). Colección de relatos del autor Xavier Frías Conde, dentro da serie pra nenos Castelo das Letras, editada pola MDGA. Trata dos relatos dun xabaril que quería engalar pitos.

21 poemas (2002), de Antolín Santos Mediante Ferraría. Libro editado polo concello de Taramundi e a Asociación Cultural Os Castros, con presentación del alcalde Eduardo Lastra Pérez e dirixido por Xoán Babarro González, é uha antoloxía poética deste autor eonaviego, con poesías tan notables como "O gaiteiro de Vilarede". Un traballo preciso pra conocer a obra literaria dun dos escritores eonaviegos máis comprometidos coel sentir del sou poblo.


O hórreo de tipo asturiano na montaña oriental de Galiza (2001), editado pola MDGA e da autoría de Carlos Xesús Varela Aenlle, trátase dun estudio sobre a situación del hórreo de tipo asturiano no leste lugués en comparación coas connotaciois e semellanzas culturais coa comarca del Eo-Navia.

Toponimia del Eo-Navia (2000), de Carlos Xesús Varela Aenlle, editada pola MDGA, recolle boa parte da toponimia tradicional maior da comarca del Eo-Navia, comparando a forma castelá coa forma tradicional galega de Asturias, cuha pequena introdución sobre a situación toponímica eonaviega na actualidade e uha serie de apreciaciois sobre diversas formas nos dezaoito concellos eonaviegos asturianos.

23/09/07


Guía bibliográfica del gallego asturiano y la tierra Navia-Eo (1999), editada pola Consellería de Cultura del Principado de Asturias e da autoría de Ramiro Xavier Barcia López, é un libro que recolle todas as publicaciois del Eo-Navia en distintos idiomas e normativas, preciso sen dulda pra poder afondar en todo el que se publicou na comarca del Eo-Navia dende hai tempo e uha guía dividida nuha clasificación alfabética, temática e de colecciois de libros e revistas.


A dona das torres, libro editado polo concello de Santiso de Abres en galego, que trata duha lenda ambientada neste concello, publicada en facsímile e revisada polos autores Jesús Ferreiro de la Torre e Armando López Roca.



Onte foi cabalo de sinza (1990), primeiro poemario del autor Francisco Xavier Frías Conde.



Carreiros (1996). Trátase duha mostra poética en galego de Asturias dos autores eonaviegos Adela Conde Valledor, Crisanto Veiguela Martins e Xavier Frías Conde.
A lingua do alumnado e profesorado nas franxas occidentais de Asturias, León e Zamora (1992), editado polo Consello da Cultura Galega e da autoría de Xosé Rubal Rodríguez, Daniel Veiga Martínez e Neves Arza Arza, é un estudio sociolingúístico sobre a situación da lingua galega de Asturias, León e Zamora, entre el alumnado e el profesorado nestas franxas, chegando á conclusión que na década dos noventa del século XX uha boa parte da población del Eo-Navia aínda empregaba muito a lingua galega, especialmente no ámbito familiar.
Lingua e cultura galega de Asturias (1994). Libro que estudia a desigualdade xurídica del galego de Asturias con respecto al galego de Galiza e a complexa realidade lingüística e sociocultural del Eo-Navia, delimitando claramente os lindeiros entre galego e asturiano, facendo un balance da reivindicación del uso del galego na comarca e presentando uha proposta de normalización lingüística prós dezaoito concellos de fala galega de Asturias. Analízanse aspectos históricos del Eo-Navia, mitolóxicos e a valoración da importante contribución de autores eonaviegos á cultura galega como Fermín Penzol ou Dámaso Alonso.

Normas ortográficas e morfolóxicas del galego de Asturias (1990). As únicas normas existentes sobre el galego de Asturias, realizadas por un grupo de expertos e editadas pola MDGA, baseadas nuha normativa galega subestándar. A caracterización dos falares del Eo-Navia dende un punto de vista ortográfico e morfolóxico coas súas propias variantes.

A Declaración Universal de Dereitos Lingüísticos, editada pola MDGA, foi aprobada en Barcelona na Conferencia Mundial de Dereitos Lingüísticos, celebrada del 6 al 9 de xunio de 1996 por iniciativa del Comité de Traduciois e Dereitos Lingüísticos del PEN Club Internacional e el CIEMEN (Centre Internacional Escarré per les Minories Etniques i les Nacions), contando coel apoio da UNESCO, de varios Premios Nobel, autoridades e científicos.
Os contos do xílgaro (1992), é uha antoloxía de relatos que deu a conocer escritores en galego de Asturias, ademais doutras áreas galegofalantes como O Bierzo e As Portelas. Entre os escritores del Eo-Navia que escribiron neste libro editado por Diario 16 de Galicia e coordinado por Xoán Babarro Fernández, están Xesús Álvarez Valdés, María Luz Fernández González, Xosé Máximo Fernández López, Manuel García Sánchez, Cándido Sanjurjo Fernández e Francisco Xavier Frías Conde.

21/09/07

Britonia nº 2, segundo número da revista científica del Eo-Navia (1995-96), que ten estudios sobre a colección diplomática del mosteiro de Vilanova de Ozcos de Floriano Llorente, elementos del Camín de Santiago por Grandas de Salime de Rubén Montes López, Susana Hevia González e outros; un estudio antropolóxico sobre Boal de Xerardo Pereiro Pérez, uha lei no Eo-Navia, Arán e a Franxa de Aragón de J. R. Fuentes e A. Quintana e outro sobre el infinitivo conxugado nos documentos del mosteiro de Vilanova de Ozcos de Luis Casteleiro Oliveros.
Britonia nº 1, a revista de carácter científico del Eo-Navia, editada pola Mesa prá Defensa del Galego de Asturias (MDGA). Este primeiro número (1994) consta dos seguintes estudios: de Xoán Babarro sobre el poeta eonaviego Antolín Santos Mediante, el "el" neutro de Antón Meilán, a influencia galaica no Eo-Navia de Rosa María Cid, a cultura castrexa de Elías Carrocera, as características del galego de Asturias de Francisco Fernández Rei, e outros de Antón Santamarina, Carlos Xesús Varela Aenlle, Manuel González González, Antón Meilán e Xosé Rubal Rodríguez.

04/09/07

A Freita, a única revista publicada en galego de Asturias, dende 1992 asta el ano 2000 pola Mesa prá Defensa del Galego de Asturias (MDGA), consta duha colección de dezaseis números (del 0 al 15), unde se recolle toda uha serie de artigos del máis variado: sociopolíticos, de crítica, literarios, etnográficos, lingüísticos, toponímicos, etc. En 1995 acolle el suplemente literario O Espello dirixido por Xavier Frías Conde. Uha colección indispensable pra poder conocer as características culturais da comarca del Eo-Navia.